O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, recibiu na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, á xornada ‘La transparencia pública en Galicia’, onde a cidade de Ourense recolleu o premio á segunda cidade máis transparente de Galicia, só por detrás das de A Coruña e Pontevedra, que empatan no primeiro lugar.
O rexedor participou nunha mesa redonda sobre a “Transparencia Municipal en Galicia”, na que destacou que concibe o desenvolvemento da transparencia “coma unha nova oportunidade para estreitar relacións entre os cidadáns e a súa administración, así como un instrumento do Bo Goberno e da Boa Administración”.
Vázquez Abad agradeceu o premio entregado á cidade de Ourense, pero deixou claro que cando se trata de fala de transparencia non estamos descubrindo nada novo. A transparencia non debe ser io mero cumprimenrto dunha lei concreta, senómn que debe ser unha actitude para establecer as mellores relacións cos veciños.
O alcalde tamén valorou a importancia da ciolaboración entre administracións para o desenvolvemento da transparencia, sobre todo tendo en conta as dificultades que temos os concellos medianos no que a recursos humanos se refiere, cunha lei estatal que impide actuialmente as contratacións e os propios fondos: poñer en marcha e visibilizar a transparencia leva un esforzxo que moitas veceas non se ve.