O encontro terá lugar este sábado a partir das 19 horas no Pazo Paco Paz.
O Leyma Coruña tenlle tomada a medida ao Club Ourense Baloncesto. Dos tres partidos disputados durante esta tempada (entre tempada e Liga) os coruñeses venceron en todos.
E é que o Coruña é un dos mellores equipos da LEB Ouro. Confeccionado para estar arriba, Tito Díaz mantén a maioría do bloque da pasada campaña. Un equipo que se coñece á perfección e que conta cun xogo moi bo.
O Leyma ocupa a quinta posición con 14 vitorias, dúas máis cos ourensáns, e leva unha racha de tres encontros consecutivos gañando.
O técnico cobista, Gonzalo García de Vitoria o ten claro, «controlar o partido e cortarlles a súa intensidade e o seu ritmo son chaves para poder acadala vitoria» aínda que advirte que o partido «será moi complicado».
Na rolda de prensa previa ao partido acudiu o xogador Tomás Fernández quen explicaba que a meta do equipo «é superar na segunda volta as vitorias da primeira volta», polo que o obxectivo é «xogar o playoff».
Fernández afirmaba que o desexo da plantilla é xogar este partido na casa para poder «lograla vitoria» diante da afección.