Xa son moitas as xornadas na que a Unión Deportiva Ourense logra os tres puntos cando os encontros están a piques de rematar. E en Viana non foi excepción.
Unha viaxe de máis dunha hora para varios centos de afeccionados que se desprazaron para ver ao equipo cun frío típico da época na que estamos. Cuestión de fe sentarse na bancada ou apoiarse na varanda para ver ao equipo durante 90 minutos máis a prolongación.
O campo non estaba para moitas festas e menos para practicar un fútbol de salón. Iago, central dos locais o sabía ben. Unha espectacular volea desde 40 metros se colaba na portaría defendida por Samuel. 1-0 e os unionistas que lles tocaba remontar.
Durante a primeira metade apenas tiveron ocasións os de Antonio Dacosta. A máis clara nos últimos minutos; Hugo primeiro e Fran deseguido non foron quen de marcar.
Na segunda metade, Dacosta sacou de inicio a Adrián e del foron as mellores ocasións. Dous tiros a paos, un man a man co porteiro e unha volea que non encontraron a rede. So quedaba colgar balóns á área e rematar unha delas.
Tempo engadido
E nestas chegaría o desconto. Nunha falta mal despexada pola zaga local, Julio empataba cando pasaban 30 segundos do minuto 90. Novamente o central dáballe a volta ao marcador no 92 e pouco despois Hugo, a porta baleira, facía o 1-3.
Tres puntos que lle permiten recurtar dous ao líder, Bande, que vén de empatar ante o Velle (0-0). Agora está a dous.