Xornada pouco produtiva para Ourense Envialia e Cidade das Burgas que remataron os seus encontros con sendos empates; o Envialia a un fronte o Poio e o Cidade a dous ante o Txantrea.
Ourense Envialia
O equipo de Chipi non puido pasar do empate na casa ante o que será o rival na final da Copa Xunta. Luci adiantaba, cunha vaselina, ás locais e Ale de Paz devolvía as táboas, de penalti, ao marcador. Durante o primeiro tempo pouco máis; algunha incursión nas dúas áreas pero sen inquedar ás cancerbeiras.
Na segunda metade o marcador non se movería a pesar de que as dúas escuadras buscaron o gol. Un toma e daca, sobre todo nos minutos finais que non se viu reflectido no electrónico.
O empate fai que as ourensás sexan quintas con 32 puntos. Esta fin de semana reciben a Txantrea.
Cidade das Burgas
O Cidade non puido pasar do empate ante o Txantrea. A pesar de ocupar postos de descenso, as de Codeso tiveron que sufrir para poder puntuar ante o equipo navarro.
Ao descanso xa dominaban as locais por 2 a 0, os goles obra de Mai Garde e Nerea. As franxiverdes non estiveron ben durante os primeiros 20 minutos.
Na segunda metade reaccionaron e os goles de Sonia e Figo fixeron valer un empate que as visitantes trataron de romper nos últimos minutos pero que non puideron.
O Cidade é oitavo con 25 puntos e esta semana visita ao líder, Futsi.