E é que neste mes a piscina Rosario Dueñas do pavillón municipal do Concello de Ourense acolleu sendos Campionatos de Galicia: o de natación sincronizada e o de salvamento acuático.
O salvamento acuático deixou ao Salvour (único club da nosa provincia deste deporte) como o mellor equipo sénior. O galego de sincronizada deixounos unhas espectaculares imaxes das deportistas.
A outra noticia de portada é a entrevista realizada a Rubén González, porteiro (para penaltis) do Nova Xestión Balonmán Ourense.
En fútbol facemos un repaso das categorías de Terceira división e Rexional Preferente con representación ourensá. Ademais falamos do partido entre UD Ourense e Bande da Copa Deputación.
O Campus Rugby Ourense ten moi preto a salvación. O Club Ourense Baloncesto xoga este sábado diante de Palma; unha vitoria alonxaría a un rival da loita por entrar en playoff.
En fútbol sala, tanto Ourense Envialia coma Cidade das Burgas, están en postos de Copa. Na 3ª división, o Sala Ourense caeu derrotado diante da Estrada no peor partido que fixo en toda a Liga. O Carballiño colle aire coa vitoria diante do Coruña.
Natación, atletismo, tenis de mesa, fútbol gaélico e moito máis, no número 154 do Barrios Deportivo.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha