A Xunta de Galicia organiza por primeira vez un campamento xuvenil no Parque Natural do Invernadoiro.
Trátase dunha das novidades que introduce o convenio de colaboración asinado entre as consellerías de Medio Ambiente e Política Social para a posta en marcha de actividades para a organización e o desenvolvemento conxunto de actividades de conservación, protección e fomento do patrimonio natural, cun investimento de 80.000, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.
Este campamento estará dirixido a mozos e mozas de entre 15 e 17 anos e celebrarase no mes de xullo no marco do programa Acción de Verán da Consellería de Política Social.
A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, destacou durante a firma do convenio entre as dúas consellerías, que os participantes terán a oportunidade de coñecer e vivir o día a día nun espazo excepcional, ao tempo que se potencian os valores polo coidado do medio ambiente. Unha tarefa- que segundo manifestou Mato Otero- “é interxeneracional, xa que dende os máis mozos ata as persoas máis experimentadas deben colaborar”.