O Centro Municipal de Coñecemento La Molinera reforza durante o mes de marzo a súa aposta pola promoción das novas ferramentas tecnolóxicas ao servizo do emprendemento e a creatividade.
Serán en total oito obradoiros formativos para adultos, dous infantís, seis novas citas coa actividade “Xoves inspiradores” sobre debate e redes sociais, e unha actividade moi especial: o Demo day na que mozos emprendedores presentarán os seus proxectos.
As persoas interesadas poden inscribirse na páxina web www.lamolinera.net, ou solicitar máis información no centro municipal sito na rúa Abrevadeiro, 1, 988374523.
Dentro da programación da Aula da Rede CeMIT (Centros para la Modernización e a Inclusión Tecnolóxica) de La Molinera impartiranse ao longo do mes de marzo 7 obradoiros, nos que os participantes familiarizaranse con programas útiles para crear blogs, realizar publicidade en Internet ou monitorizar o tráfico dunha páxina web, tomarán contacto co deseño vectorial, o corte láser e a robótica, e recibirán asesoramento para desenvolver proxectos. Concretamente:
– Creación do teu blog con WordPress: do 6 ao 10, de 9,30 a 11,30h
– Consegue clientes con Google AdWords: do 13 ao 21, de 9,10 a 11,30h
– Quen visita o teu blog: Google Analytics: do 27 ao 31, de 9,30 a 11,30h
– Deseño vectorial e corte láser: os mércores (8 a 29) de 18 a 20h
– Electrónica básica para robótica: os martes (14 a 298) de 16 a 18h
– Introdución ao Arduino: martes 21 e 28, de 18 a 20h
– Asesoramento de proxectos: venres 17 a 31 de 18 a 20h.
Para os máis cativos, continuarán durante o mes de marzo dous obradoiros educacionais:
– Arquimakers-Kids: Crear para pensar, os mércores de 18 a 19:30h. para nenos de 8 a 11 anos
-Team Makers Kids: Robótica, App… Os venres, de 18,30 a 20h, para nenos de 18,30 a 20,00
As comunicacións será eixo do programa Xoves inspiradores, con 2 propostas:
– Obradoiro de argumentación e debate, que imparte Aida González, campioa do mundo 2016 de debate universitario en español (os xoves 9 e 23, de 19 a 20,30 horas
-Obradoiros sobre Redes sociais; os días 2, 16 e 30. “Influencers & Redes” é unha serie de eventos aos que asisten algúns dos mellores expertos ourensáns en cada rede social para dar consellos de utilidade baseados na súa experiencia para aplicalo aos nosos perfís persoais ou empresariais. O día 2 estará adicado a Twitter
Unhas das actividades máis destacadas do mes será a Demo Day, dentro do proxecto coworking da Escola de Organización Industrial EOI. Nunha data que proximamente se concretará, os mozos emprendedores que participan neste programa exporán, debaterán e defenderán os seus proxectos.
Continuará o obradoiro de Educación emocional Akademia, os martes, de 16,30 a 19,30h, realizarase un obradoiro de fotografía incluído na programación da Universidade Popular do Concello de Ourense, que se realizará os martes e xoves de 11,30 a 13,30horas.
Finalmente, o centro municipal recibirá a visita de escolares do CEIP Valeixe (A Cañiza) que se achegarán a La Molinera o martes, 28 de ,marzo, para coñecer o pensamento creativo e as impresoras 3D.