Pequeno descenso de parados no mes de febreiro en Ourense. En concreto son 158 menos e a cifra global se coloca 23.348 (descenso do 0.67%). A tasa interanual rexistra 2.965 parados menos que en febreiro do ano pasado.
CIG
A CIG alerta de que o elevado número de contratos rexistrados no mes (que foron 4.727) e só 572 son de contratación indefinida. Para o sindicato estanse creando postos de traballo de moi escasa duración e aumentando as xornadas parciais, compartindo un mesmo traballo varias persoas ó longo do mes, o que por un lado «agrava a precarización e por outro maquilla as cifras de desemprego, permitindo ao goberno falar de
recuperación e non afrontar o grave problema existente».
CCOO
En canto ao sindicato Comisións Obreiras, a súa Secretaria Xeral da Unión Intercomarcal de Ourense/Valdeorras, Ana I. Barrios, valora os datos do paro de febreiro de “irrelevante e manifestamente insuficiente” e considera que implica “máis aumento da precariedade e máis perda de poder adquisitivo”.
CEO
O presidente da Confederación de Empresarios de Ourense, José Manuel Pérez Canal, os datos de febreiro «confirman a evolución positiva do emprego, coa mellora sostida ao longo dos meses». Destaca que «o caso de Ourense é especialmente significativo, xa que presenta o mellor balance de Galicia cun descenso do paro en 158 persoas (un 0,67%), que sitúa o número de desempregados en 23.348 persoas na provincia, 2.965 menos (un 11,27%) que hai un ano». Pérez Canle avoga por «seguir implementando medidas destinadas a consolidar a recuperación económica e as melloras no mercado laboral que consigan diminuír a taxa de paro».