Esta semana arranca un novo ciclo no cineclub Padre Feijoo que leva por título «Disonancias».
Outro periplo por aquela condición humana que se enfrenta á imposibilidade da armonía, desde as ópticas de tres directoras en África, e de cine multipremiado reciente de Alemaña, Arxentina, Canadá, Finlandia, Rumanía, ou Tailandia.
O novo ciclo do Cineclube Padre Feijoo aborda a variedade de conflitos internos producidos polos futuros desexados fóra da harmonía inicialmente prevista: Disonancias.
Así como abro os ollos
O luns 6 de marzo chega a primeira das proxección. Así como abro os ollos, de Leyla Bouzid proxectarase ás 20:30 e ás 23 horas con entrada de 2 euros para socios e 2,5 para non socios na bibioteca pública.
O filme narra o enfrontamento dunha moza cantante coa censura do réxime nos meses previos da Primavera Árabe.
Toni Erdmann
E o mércores 8 de marzo chega Toni Erdmann da directora Maren Ade. Con entrada de 4 e 5 euros (para socios e non socios) os pases serán ás 18 e ás 21 horas.
Sinopse: Inés traballa nunha gran empresa alemá establecida en Bucarest. A súa vida está perfectamente organizada ata que o seu pai Winfried chega de improvisto e pregúntalle: es feliz?. Tras a súa incapacidade para responder, sofre un profundo cambio. Ese pai que ás veces estorba e que a avergoña un pouco vaille a axudar a dar novamente sentido á súa vida grazas a un personaxe imaxinario: o divertido Toni Erdmann.