Este sábado celébrase no anexo do pavillón dos Remedios o Campionato Galego de Kickboxing. Cunha participación de 50 persoas sumando as diferentes categorías e pesos, non só se decidirán os mellores deportistas da comunidade, senón tamén os representantes da delegación galega para o Campionato de España, que se celebrará no mes de xuño en Castela A Mancha.
A competición
As pesaxes comezarán ás 12:00 e a partir das 15:00 horas disputaranse as eliminatorias. As finais a partir das 20:30 horas. O cerne da competición comezará ás 16:00 horas coas diferentes probas clasificatorias, e non será ata as 20:30 que comecen as finais. O prezo das entradas para última hora é de 10 euros, e tamén haberá unha parte solidaria: Recolleranse, ademais, alimentos e mantas achegados de forma solidaria para a protectora de animais PROGAPE.
Manuel Míguez jr., campión de Europa desta especialidade no último torneo celebrado en Portugal e cinco veces campión de Galicia, daba serias posibilidades aos deportistas de ourensáns, que competirán tanto en categoría masculina coma feminina.
O propio Míguez é un dos aspirantes a que Ourense acade algún cetro autonómico. Outro dos grandes valores da escola ourensá é o seu compañeiro Óscar Mira. Ademais, o resto de Ourense pelexará para conseguir proclamarse campión.