O Concello de Ourense, a través dos concelleiros de Infraestruturas e Participación Cidadá, José Araújo e Carlos Campos, expúxolle a AVV 15 de agosto de Reza, o proxecto inicial para o espazo que actualmente ocupa a Estación Depuradora de Augas Residuais de Reza, actualmente en proceso de demolición.
Malia que o uso do parque está aínda por decidir, o Concello de Ourense proxectou diferentes usos dotacionais, entre os que se atopan unha pista e un edificio multiusos (600 e 450 metros cadrados, respectivamente); zona de aparcamento para 80 prazas; dous parques caninos para animais de máis e de menos de 30 kg (600 metros cadrados en total); e unha zona verde de 16.000 metros cadrados que incluirá unha innovadora pista de ximnasia funcional e circuitos de alta intensidade (High Intensity Interval Training), a primeira destas características da cidade, cuxo tamaño dependerá dos elementos que alí se instalen.
O parque contará, ademais, con 630 árbores de 10 especies diferentes, entre eles, loureiros e carballos.
Pleno
Ourense en Común levou ao pleno do mes de abril unha moción para acondicionar a antiga EDAR de Reza como Reza como área para autocaravanas. O goberno municipal aproveitou para explicar o proxecto que xa explicara aos veciños.