Levouse a maioría dos títulos en disputa.

O Artai domina o kung fu moderno

O pasado sábado, 15 de abril, celebrouse o Campionato Galego de Kungfu moderno individual 2017, no Pavillón de Vos Remedios de Ourense.

Con máis de 180 participantes, algúns menores de cinco anos e outros maiores de setenta, o torneo raiou a gran nivel, tanto o número de participantes, como a súa calidade técnica.

As diferentes modalidades de formas (Changquan, Nanquan, Taichi, Qigong, Armas Curtas, Armas Longas) dividíronse en categorías de idade: pre infantil, infantil, cadete, xuvenil, absoluto e veteranos. Por outra banda, as modalidades de combate (Shuaijiao, Qingda, Kungfu combat e Sanda) dividíronse en categorías de peso.

Aínda que todos os deportistas demostraron estar a un gran nivel, destacaron entre eles os deportistas ourensáns do Artai. Así, Andrea Álvarez Fernández (junior) conseguiu catro ouros; Jacobo Rodríguez Naveira (junior), fíxose con tres ouros e unha prata; Sara Álvarez Vázquez (absoluto), colgouse dous ouros, unha prata e dous bronces; Francisca López Terrazas (veteranos), conquistou tres primeiros postos.

Combates
Da mesma maneira, en combate destacaron dous deportistas do Club Artai: Ngagne Faye Faye (absoluto) e David Nóvoa González (absoluto). O primeiro, conseguiu tres ouros, xa que se proclamou campión en todas as modalidades nas que participou. O segundo subiuse ao pódium ata en tres ocasiones, unha delas como subcampión e as outras dúas como campión.

O organizador do evento, Aarón Blanco Pita, director do club Artai e do departamento galego de kungfu moderno espera que os bos resultados do equipo ourensán sexan un preludio de éxito do próximo Campionato de España de Kungfu que se celebrará en Madrid (27 e 28 de maio).