Despois de meses de espera por fin chegou a sétima edición do circuíto de carreiras populares «Correndo por Ourense».
E o fixo como vén sendo habitual coa carreira do barrio do Vinteún. Máis de 600 atletas, entre todas as categorías, -ademais de uns 100 pitufos- chegaron a meta nesta primeira xornada do circuíto ourensán. O sol, que acompañou durante todas as carreiras aos participantes, non foi quen de que sairán a dar o mellor de si cada atleta.
Na proba absoluta, sobre un circuíto de 6 km, o máis rápido foi Luis Iglesias (Arenteiro Atletismo), quen venceu ao esprint a Pepe Márquez (Adas O Barco). Na terceira posición rematou José M. Corral (Arenteiro Atletismo). Cuarto foi Jose Manuel Casado (Vía XVIII Maceda); aguantando o ritmo dos primeiros ata a última volta e na quinta posición entraría o veterán do Atletas Veteranos Ourense, Saturnino González.
En mulleres o duelo estivo entre Iria Ferández (Adas O Barco) e Sonia Teijeiro (Burgas Atletismo Ourense). Aínda que a primeira non deu opcións a súa rival entraron en meta separadas por 24 segundos. Terceira remataba Ana María Ocampo (Burgas Atletismo Ourense) a 37 segundos de Iria. Outra corredora do Burgas, Vicky Losasda sería segunda e Marina Losada (Ourenrunning), quinta.
Outras categorías
En benxamíns e alevíns, Miguel Carbajales e Claudia Salgado foron os máis rápidos. E na carreira de infantís e cadetes os mellores foron Alexandre Álvares e Mar Díaz. A carreira de pitufos contou cunha moi grande participación.
O Couto
A vindeira cita do «Correndo por Ourense» será a proba que se dispute no barrio do Couto. A cita terá lugar o sábado 27 de maio en horario nocturno; as probas darán comezo ás 22 horas.