Venceu na segunda xornada do Correndo por Ourense.

O atleta Rubén Diz (Sociedad Gimnástica de Pontevedra) foi o vencedor -con absoluta autoridade- da segunda carreira do circuíto de carreiras populares Correndo por Ourense. Diz (18:24 minutos) aventaxou en case un minuto ao segundo clasificado, José Manuel Corral (19:20 minutos).

O atleta do Atletismo Arenteiro superou no esprint final a Pepe Márquez (Adas) que chegou dous segundos máis tarde. Na cuarta posición un emerxente Ziad Nagihi (Limiactiva) parou o crono nos 19 minutos e 24 segundos. Completaría o top 5, o atleta do Ourense Atletismo, Julián Romero (19:42 minutos).
Con estes resultados lideran a clasificación do circuíto Luís Iglesias (vencedor da proba do Vinteún e sexto no Couto) e Rubén Diz (primeiro no Couto e non participou na do Vinteún), ámbolos dous cun punto.

Mulleres
En mulleres, Iria Fernández (Adas) deu un paso máis afianzando a primeira posición entre as mulleres. Como na do Vinteún, no Couto, volveu a ser a primeira en liña de meta. Fernández logrou completar a carreira en 23 minutos e 5 segundos. Con Sonia Teijeiro ausente, a segunda posición foi para Ana María Ocampo (Burgas Atletismo); o seu tempo, 23:19 minutos. O terceira posición foi para Vicky Losada (Burgas Atletismo), o seu tempo de 23:26 minutos. Cuarta remataría, Ana Belén Losada (Burgas Atletismo) con 23:42 minutos, e quinta Uxía Rodríguez (CD La Purísima) realizando a carreira en 24:53 minutos.

Resto de categorías
En canto ao resto de categorías unha moi boa participación, especialmente a de pitufos. Os máis pequenos tiveron que saír en dúas quendas debido ao gran número de participantes. Entre todas as carreiras, no Couto participaron arredor de 700 atletas.