A cuarta edición do Rallymix da Gudiña converterá, un ano máis, a este municipio ourensá na capital galega do automobilismo os días 3 e 4 de xuño.
Ademais celebrarase o segundo memorial de Guillermo Lago, impulsor desta proba. En canto ao percorrido, este é un treito de pouco máis de 11 quilómetros con zonas de motor, zonas técnicas de freado, e outras con trazados anchos. Nesta edición conta con 38 inscritos.
Tamén celebrarase a festa do motor, que contará cunha concentración de máis de 60 coches tuning, unha exhibición de brief, así como unha exposición de clásicos e clásicos-deportivos.
Este evento move a afeccionados de Galicia, Asturias, Castela e León e do Norte de Portugal.