O festival celebrarase en Benposta os días 2 e 3 de xuño.

O Ourenrock Sound trae a La Raíz a Galicia

O Ourenrock Sound chega a Ourense os días 2 e 3 de xuño cun cartel moi ambicioso. O grupo La Raíz fará unha única actuación en Galicia dentro do marco do festival ourensán. Concretamente será o sábado, día 3, a partir das 23:30 horas. En total serán 15 concertos en dous días.

O venres, 2 de xuño, as actuacións serán por esta orde: Indomable, Outlines, 80 voltios, Zoo (presentan en primicia o seu novo disco), Boikot, Rebeliom do inframundo e Insolenzia.
O sábado, 3 de xuño, tocarán Orquestra Pantasma; Noe Back, Proudhom, Maskarpone, os citados La Raíz, The Skarnivals, Dakidarria e Skandalo.

Actividades
Pero non só haberá música no Ourenrock. O venres 2, ás 18 horas, abrirá as súas portas a primeira edición do da Feira do Viño Bodegas Reboreda Morgadío, que terá a súa continuación ao día seguinte (a partir das 13 horas).
Para repoñer forzas instalaranse uns posto de venda de polbo. Outra das actividades será a dun taller de alfarería no que haberá tornos para que todo aquel que o desexe se poña mans á obra para realizar as súas propias pezas de barro. O taller estará aberto o sábado ás 13 horas.

Prezo
O prezo por día é de 20 euros. Porén está a disposición do público a opción de mercar un bono para os dous días. O bono é de 22 euros máis gastos de xestión -dous euros máis- se se merca por adiantado (na web do festival ou nos puntos de venda físicos adicados a tal fin), e de 30 euros mercando na taquilla do festival.
Así mesmo, para os asistentes ao festival haberá autobuses gratuítos desde a cidade ata Benposta; incluso o aparcamento de Expourense estará habilitado para poder aparcar alí, e subir en bus. Tamén haberá unha zona de acampada.