O Trofeo que chega a súa 46ª edición celébrase este sábado.

O Pedro Escudero reúne en Ourense a máis de 400 nadadores

Este sábado, 17 de xuño, celébrase na piscina Rosario Dueñas de pavillón municipal de Ourense o XLVI Trofeo Escudero de natación.

422 nadadores (205 homes e 217 mulleres) lanzaranse á pileta ourensá para disputar este trofeo que recentemente concedéronlle o mérito deportivo da Xunta de Galicia. A xornada disputarase en dobre sesión (de mañá e de tarde) e nela participarán os mellores nadadores da nosa comunidade. Cada deportista poderá participar en tres probas.

En total, disputaranse 30 probas (15 masculinas e 15 femininas), todas as de natación agás as de 800 e 1500 libres).

Premios
Os tres primeiros clasificados (masculino e feminino) levarán as súas respectivas medallas de ouro, prata e bronce.

Tamén haberá premios para os tres mellores da competición. O que mellor puntuación teña (por táboa FINA -Federación Internacional de Natación-) será o vencedor do Pedro Escudero e levarase 125 euros en metálico; o segundo levarase 75 e o terceiro, 50 euros.