
- Este evento ha pasado.
A exposición “Bidea. Un viaje al autodescubrimiento” chega a Verín
16 agosto, 2017 - 6 septiembre, 2017
A exposición de Mertxe Alonso “Bidea. Un viaje al autodescubrimiento”, estará presente na Sala de Exposicións de Verín, dende o vindeiro mércores 16 de agosto, ata o día 6 de setembro. Neste proxecto colaboran os Concellos de Verín e Vilardevós.
Segundo nos conta a autora “Bidea, é unha exposición con diferentes series, nas que tratei tanto o descubrimento da materia na pintura (os cadros máis abstractos), e tanto un autodescubremento persoal sobre os meus intereses artísticos e estéticos (as fotografías, ou unha arte máis figurativo)”.