O festival, completamente gratuíto, terá lugar o día 1 ao 2 de setembro.

Extruga Street: primeiro festival urbano en Verín

A.C. LongoDub, en colaboración co Concello de Verín, presentan Extruga Street, un evento de carácter urbano que engloba deporte, música e arte, situado no espazo deportivo inaugurado recentemente na localidade, o Skate Park.

O festival, completamente gratuíto, terá lugar o día 1 ao 2 de setembro. O obxectivo principal do evento é divulgar as alternativas deportivas, artísticas, laborais, etc. propias da cultura urbana, á vez que involucrar á veciñanza no que será o primeiro festival urbano da comarca.

Dentro das actividades programadas para o evento é posible diferenciar varios tipos:
– Actividades culturais: durante a tarde-noite do venres proxectarase un documental que narra os inicios do monopatín en España, cedido pola marca téxtil Vans. Doutra banda, o público poderá visionar unha pequena entrevista onde se explica o labor da asociación Megabi Skate, dedicada a recoller material de skateboarding por todo o mundo co obxectivo de levalo a Etiopía e promover alí ese deporte.
– Actividades deportivas: a asociación compostelá Vella escola montará a súa “parkour móbil” o sábado pola mañá, onde poderemos gozar dunha exhibición desta e dun taller sobre esta disciplina. Ademais, será posible facer uso do “parkour móbil”, sempre baixo supervisión dos monitores de Vella escola. Por a tarde, o público asistente gozará das exhibicións de dous profesionais do skate e do equipo salmantino de Bmx e Trial Showriders.
– Concertos: desde as 20:30 do sábado ata as 03:00 haberá diversas actuacións totalmente gratuítas. O maior atractivo a nivel musical é o concerto de Iseo e Dodosound ademais da actuación dos produtores vascos Revolutionary Brothers con Sista Eider e Gustav, un novo formato que os irmáns traen por primeira vez a Galicia.

Programa:
Venres
Salón de actos da Casa da Cultura (R/ Irmáns La Salle, S/N)
22:00 – Proxección documentais

Sábado
Skate Park de Verín (entre R/ Canella Cega e R/ San Antón)
12:00 – 14:00 Taller parkour + exhibición
12:00 – 14:00 Taller de graffiti
12:00 – 14:00 Patina libre (Regalos)
14:00 – Parada para comer
17:30 – 18:30 Exhibición skate
18:30 – 19:30 Exhibición BMX
19:30 – 20:00 Exhibición beatbox
20:00 – 20:30 Sorteos + entrega de premios
20:30 – Concerto Spree (Verín)
20:45 – Concerto Dankhe (Verín)
21:00 – Concerto Z.o.U (Verín)
21:15 – Concerto Real la clicka (Pontevedra)
21:40 – Concerto acústico Nerea e Aitor (Verín)
22:30 – Concerto Rap a golpe de beatbox (Santiago)
23:30 – Concerto Iseo e Dodosound (Navarra)
01:00 – Concerto R. Bross feat. Sista Eider e Gustav (Euskadi)

Iseo e Dodosound
A parella navarra demostrou o seu nivel hai dous anos cun debut que os colocou nun mapa tan preto do roots como das músicas negras como o soul ou o R&B, pero chiscando un ollo ás músicas urbanas máis en boga e ao pop alternativo. Agora publican Roots is in the Air, sendo un dos últimos fenómenos virais do circuíto independente.