Todos os concesionarios da provincia de Ourense pertencentes á Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, A.C.A.U.T.O., participarán como expositores no 9º Salón do Automóbil que se celebrará durante dúas fines de semana seguidas en Expourense. Este é o obxectivo do convenio asinado entre o presidente de A.C.A.U.TO., Ramón Seijas, e o director xerente de Expourense, Alejandro Rubín, durante a reunión mantida coa directiva da asociación para perfilar os detalles destas citas.
A fin de semana 20 ó 22 de outubro terá lugar o Salón do Vehículo Novo, e dende o 20 ó 22 de outubro o do Vehículo de Ocasión. Trátase de dúas citas vencelladas cun dos sectores comerciais de maior peso na provincia de Ourense, o da automoción, e que está organizado de forma conxunta entre Expourense e A.C.A.U.T.O. Todas as marcas aproveitarán a súa presenza nesta cita para presentar os últimos lanzamentos e os vehículos que se van comercializar de cara a campaña do 2018.
Como incentivo para animar a os visitantes a axilizar o proceso de decisión, a organización volverá sortear, entre os visitantes que pechen a compra dun autómobil novo ou de ocasión nestas citas, un cheque regalo por importe de 6.000 euros a descontar do precio de compra do vehículo adquirido.
Un ano máis volverá a colaborarse con Cáritas Ourense e con “Stop Accidentes” que contarán cun stand informativo nestas citas. O obxectivo destas citas é presentar no recinto feiral unha oferta completa e atractiva, que cubra todas as gamas e modelos de vehículos para adaptarse ás necesidades e preferencias dos visitantes. Trátase dun público obxectivo e amplo que poderá consultar nun mesmo espazo e de forma axeitada toda a oferta existente no mercado ourensán, e comparar opcións antes de decidir a compra do seu vehículo.