O vindeiro día 14 de outubro terá lugar a celebración do Entroido de Verán na cidade de Ourense. Coa finalidade de animar a persoas e grupos a participar nesta actividade, a Concellaría de Cultura, en colaboración coa Asociación Cultural Praza do Correxidor convocan un concurso de disfraces dotado con 1.425 euros en premios. As persoas interesadas poden inscribirse ata o día 9 de outubro, presencialmente ou a través de correo electrónico.
Poderán participar grupos, parellas, e tamén persoas a título individual, que desexen acudir ao desfile, que sairá ás 21;30 horas da Praza Maior, e percorrerá a rúa Lamas Carvajal, Praza de Santa Eufemia, rúa da Paz, praza do Ferro, rúa dos Fornos, para rematar na praza do Correxidor. A entrega de premios será á 01:00h nesta última praza.
Un xurado formado por 5 integrantes elixirá a gañadores e gañadoras tendo en conta a orixinalidade, a chispa diante do público, o vestiario, a maquillaxe, a caracterización e a creatividade.
Haberá premios nas categorías:
– Individual: Primeiro 150€, Segundo 100€, Terceiro 50€ e 5 accesits de 30€
– Parellas: Primeiro 150€, Segundo 100€ e Terceiro 50€
– Grupos (máis de 4 persoas): Primeiro 300€, Segundo 200€ e Terceiro 100€
– Especial á mellor foto colgada no Facebook “Entroido de verán en Ourense”: 75€
A inscrición realizarase na Concellaría de Cultura, sita na rúa da Canle 2 (Auditorio Municipal) en horario de atención ao público (09:00 a 14:30 horas), ou a través do correo electrónico cultura@ourense.es, ata o día 9 de outubro ás 13,00h.
As bases pódense consultar integramente na páxina web da Concellería de Cultura.