Na súa portada trae o remate da vendima en Monterrei con preto de 3 millóns de quilos de uva recollida. A outra nova de portada e a distinción coa medalla de ouro da provincia ao grupo de rock Los Suaves.
En Verín, a fonte de Caldeliñas rebrota 70 anos despois, mentres que o Parador de Verín cumple medio século de vida. «Semanarios de Verín» é unha web que recolle os xornais históricos da vila. Xa se presentou o Festival de Curtas que terá lugar en decembro.
Na comarca da Limia recolléronse 125 millóns de quilos de patacas, ao tempo que se criticaron as inspeccións de Traballo na recollida da mesma. O PSOE solicita a paralización das probas a Policía despois das queixas dalgún dos opositores. O alcalde, Antonio Pérez, agarda a sentenza do seu caso por prevaricación administrativa continuada.
No Carballiño, o Auditorio pasará a chamarse Manuel María a partir do 28 deste mes. A revista “Ágora de Orcellón” rende tributo a Mario Augusto Bunge no último número da súa publicación. O alcalde emitiu un Bando polo cal avisa nas restricións na auga debido á seca.
Celanova homenaxeou ao escritor azoriano Antero de Quental, dentro dos actos de visita a Galicia dunha delegación da Asemblea Lexislativa das Illas Azores. O BNG denuncia o abandono da Torre de Sande.
En Allariz, últimos días para visitar o Festival Internacional de Xardíns de Allariz. O casco histórico terá alumeado led para o aforro enerxético.
Deportes, especial celebracións, provincia, colaboradores, e moito máis no número de outubro do Barrios.
Todos estes temas e máis, podes lelos no seguinte enlace.