Outra das noticias de portada, moito máis amable, é a distinción coa medalla de ouro da provincia ao grupo Los Suaves. Máis de 30 anos avalan á formación nos escenarios de toda España e de fóra dela.
12 proxectos de rehabilitación para A Carballeira, O Polvorín e As Camelias. 14 novas vivendas sociais construiranse en tres rúas da cidade. Tamén se acometen obras de mellora en zonas periurbanas do Concelo de Ourense. E en Vasco Díaz Tanco arranxarán as beirarrúas. Reparacións no Tinteiro e Muíño da Veiga o que obrigarán ás pozas do Muíño da Veiga a pechar durante un mes.
A AVV As Termas continúa coa súa programación especial festexando os 20 anos das vivendas da praza 200. A Feira do Vinteún ofrece unha variada programación este sábado.
Coa celebración do 9º Salón do Automóbil, en Expourense, as páxinas centrais centranse nun especial de motor; do 20 ao 22 é o do vehículo novo, e do 27 ao 29 o de ocasión. E continuando cos especiais, traemos un do Festival de Cine de Ourense que se celebra do 20 ao 27 deste mes. Ademaís Ponte Vella está de aniversario, polo que ofrece os seus cliente unha variada programación, sobre todo para os máis cativos, na que non faltará o show de Touriñán, para por broche a este 16º aniversario.
En A Valenzá, o PP segue reclamando o arranxo dos Carrís ao goberno municipal. Os nenos de Barbadás aprenderon primeiros auxilios.
Deportes, ocio e cultura, colaboradores, clasificados e moito máis, no número de outubro do Ourense por Barrios.
Todos estes temas e máis, podes lelos no seguinte enlace.