O horario de apertura dos cemiterios municipais para os días 28-29 de outubro e 1-2 de novembro será ininterrompido de 9:00 a 19:30 horas.

Dispositivo especial do Concello para ‘Fieis Defuntos’

O transporte urbano reforzarase do 30 de outubro ao 1 de novembro con dous servizos con saída da estación de autobuses e do Vinteún en dirección cemiterio de Santa Mariña, con parada no de San Francisco.

Con motivo da festividade de Fieis Defuntos, o Concello de Ourense manterá abertos ininterrompidamente os cemiterios municipais desde as 9:00 até as 19:30 horas os vindeiros 28-29 de outubro e 1-2 de novembro. Así mesmo, Urbanos de Ourense reforzará o servizo os días 30, 31 de outubro e 1 de novembro con dous servizos que sairán desde a estación de autobuses e desde o Vinteún en dirección ao Cemiterio de Santa Mariña, con parada no cemiterio de San Francisco.

Os horarios destes autobuses serán os seguintes:
Especial 1. Vinteún (6ºInstituto) – Cemiterio
Saídas:
Vinteún 10:20 – 12:15 – 14:45 – 16:30
Cemiterio 11:30 – 13:30 – 15:30 – 17:30

Especial 2. Estación de autobuses – Cemiterio
Saídas:
Estación 09:50 – 11:30 – 13:30 – 15:30 – 17:45
Cemiterio 10:30 – 12:30 – 14:30 – 16:30 – 18:30

Servizos relixiosos 1 de novembro
– 12:00 horas: Procesión á foxa común con celebración litúrxica no cemiterio de Santa Mariña.
– 16:00 horas: Visita do sr. Bispo ao cemiterio das Caldas.
– 17:00 horas: Misa no cemiterio de Santa Mariña
– 17:00 horas: Visita do sr. Bispo ao cemiterio de San Francisco.
Servizos relixiosos 2 de novembro
– 12:00 horas: Misa no cemiterio de Santa Mariña.
17:00 horas: Misa presidida polo sr. Bispo no cemiterio de Santa Mariña.