O martes, 31 de outubro, ás 18:30 horas, no centro de Día de Vide celebraranse actividades infantís.
Obradoiro de Maquillaxe Terrorífica.
Animación musical con bailes e coreografías e dinámicas e xogos de Samaín para todos os nenos e nenas con monitores caracterizados.
Colabora o Consello Infantil e da Adolescencia de Castrelo de Miño.
A partir das 22 horas, no casco vello de Astariz terá lugar a Aldea Vella, atréveste a entrar?
Un tunel do terror para pasar unha noite de medo entre as casas, rúas e prazas do casco vello de Astariz. Entrada pola praza da Igrexa.
Organizado coa colaboración dos veciños e veciñas de Castrelo de Miño e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Castrelo de Miño.