O Concello de Verín aproba os orzamentos de 2017 cun 7,98% máis de ingresos superando os 11 millóns de euros. O critica as contas e táchaas de irreais. A DO Monterrei ten unha gran actividade nestas datas levando, incluso, os seus viños ata Seúl (Coreo do sur). O concello xa ten convocado o concurso do cartel do Entroido 2018. Queirugás conta cun novo parque biosaudable. Ademais a biblioteca de Verín foi nomeada a mellor de España este ano.
Carlos Montero fálanos da segunda edición do Festival de Curtas de Verín.
O Carballiño contará cunha nova ITV fixa que entrará en funcionamento a finais deste mes. Os socialistas reclaman que a Festa do Pulpo sexa declarada de Interese Turístico Internacional. No Irixo, o Partido Socialista pide a rehabilitación e restauración de vivendas; lamentándose de que en máis de 30 anos non se puxera en marcha unha soa medida ao respecto.
O programa “Coidando a miña boca” iníciase nos Blancos; Sanidade promove nos colexios o programa de saúde bucodental. Acondicionanse dúas rutas de sendeirismo entre Porqueira e Calvos. O CDR O Viso retoma as xuntanzas de familia, desde 2015 participaron máis de 200 persoas.
20 desempregados de Celanova, Bande e Verea participan nun obradoiro de novas tecnoloxías. A Xunta instala barreiras de malla para reter os sedimentos no Xurés. O Concello da Merca declara non potable a auga da traída, e Cartelle restaurará a Torre de Sande.
Allariz contará con máis de 6 millóns de euros de orzamento en 2018 incrementando en máis de 300.000 euros respecto a este ano. Medio ambiente limpa 12 puntos de vertidos incontrolados en Baños de Molgas. “La Memoria Olvidada” gaña o Festival de Xardíns de Allariz.
Entrevistamos a Edelmiro Vázque Naval, poeta que vén de publicar Poesía reunida.
En deportes, todo Ourense está preparado para a edición deste ano da carreira popular do San Martiño. Fernández e Gutiérrez vencen en Albarellos na «Monterrei é 10».
Artigos de opinión, clasificados, ocio e cultural, e moito máis no número de novembro de Barrios.
Todos estes temas e máis, podes lelos no seguinte enlace.