Con motivo da Operación Quilo falamos con Adrián Rodríguez, coordinador da campaña organizada pola Asociación Xuvenil Amencer. O Nadal en Ourense oferta máis de 230 actividades.
A AVV As Termas organizou obradoiros de saúde durante todo o mes. O rueiro ourensán quere feminizarse; o Concello promove recoller propostas de nomes de muller. A Feira do Vinteún xa cumpliu dúas citas. Miño e Limiar buscan un fronte común en temas que afectan ao movemento veciñal da cidade. A Xunta reforma a sede social da AVV O Castelo.
Catro alternativas para liderar o PSOE. A Secretaría Provincial do partido en Ourense votarase o 17 de decembro. Hai Mareas reuniuse en Ourense con vistas ás eleccións de 2019. Ademais fixeron un repaso da xestión de concellos onde gobernan as mareas. Democracia Ourensana racha coas negocións do PXOM co goberno municipal.
O Concello recibirá 1.384.000 euros para as catro Áreas de Rehabilitación Integral (ARI), o que subirá a catro millóns de euros para obras de rehabilitación. A DGT cede un vehículo con radar para a Policía Local. A Burga de Abaixo está a sofrir obras de mellora e limpeza.
O sendeiro peonil do Miño ampliarase 5 km máis, grazas á colaboración entre a Confederación do Miño-Sil e o Concello de Ourense. Tamén reformarase o paseo do Ponxos.
En A Valenzá, o parque dos Patos xa loce nova faciana. O concello da axuda económicas a novas empresas con sede no municipio.
Entrevistamos ao poeta Edelmiro Naval, que nos presenta a súa última publicación “Poesía reunida”.
Imaxes do mes, os magostos, deportes, turismo, clasificados, artigos de opinión, e moito máis, no número de novembro de Ourense por Barrios.
Todos estes temas e máis, podes lelos no seguinte enlace.