Cun orzamento de 13.700,45 euros estase a traballar nas obras de mellora de accesibiliade na intersección entre Ramón Puga e Saínza.
Ante a demanda existente e ampliación previsible da mesma trala apertura do novo CHOU dun paso de peóns na intersección das rúas Nosa Sra. da Saínza e Ramón Puga, no barrio de Mariñamansa, onde xa existen na actualidade pasos de peóns regulados polas instalacións semafóricas nos brazos norte, sur e oeste da intersección, faltando o brazo este- Ramón Puga para solucionarse adecuadamente.
Plantéxase unha solución do paso peonil realizando dous sobreanchos na intersección (orellas) sobre a calzada, para permitir unha adecuada visibilidade dende diferentes carrís de acceso e servindo de límite dos vehículos.
A solución dos sobreanchos defínense mediante unha solera de formigón en masa de 16cm de espesor, sobre unha sub-base compactada de zahorra de 20cm e un acabado en baldosa hidráulica de características semellantes a existente e pavimento táctil.
O frente resólvese cun bordillo de granito de borde recto ao achaflanado, de similiares características ao existente.
Ditos traballos coordínanse coa execución da instalación semafórica prevista por parte do servizo de tráfico.