Na portada do mesmo está o COB que busca deter unha sangría que o levou a un balance de unha vitoria por 11 derrotas. O kung fu galego tivo a súa sede en Ourense coa disputa da Copa Deputación. E o ano remata con numerosas citas atléticas para pechar o ano, na que estarán probas na nova pista cuberta ubicada en Expourense.
O Megaxove deuse cita en Expourense un ano máis duranta a ponte da Constitución. O Club Asesou de escalada organizou o seu campionato de Nadal. En ciclocross, Iván Feijoo logrou a vitoria en Viveiro na Copa Galicia.
En fútbol facemos un repaso aos equipos de Terceira división e Rexional Preferente. E en baloncesto, o Carmelitas está asentada na zona tranquila da clasificación de Primeira nacional.
O Sincro Ourense comeza a tempada con bo pe, e o Club Ximnasia Pavillón a remata con boa nota, con grandes actuacións nas últimas citas do ano. O Nova Xestión Pabellón perdeu o derbi ourensán ante o Carnes do Ribeiro, mentres que as rapazas lograron unha importante vitoria que as mantén na zona nobre.
Cidade das Burgas e Ourense Envialia buscar rematar o ano cunha ledicia para a súa afección. O Sala Ourense é sólido líder da Terceira división. O gran Felipe Iglesias logra outra medalla internacional de jiu jitsu, nesta ocasión un bronce no Mundial disputado en Colombia. O Club Couto de taekwondo segue colocando aos seus deportistas nos podios das citas onde están presentes.
Non deixamos perder a oportunidade de coñecer un pouco máis a «Operación Quilo» na que os clubs da cidade vólcanse coa iniciativa da Asociación Amencer. Cristina Colomo busca apoios para participar no Mundial de salvamento que se celebrará en Australia.
Voleibol, hípica, boxeo, e máis, no 170 do Barrios Deportivo.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha