Esta serie de concertos terán un carácter solidario e reivindicativo. Os cartos recadados no Concerto Expansivo por un Monte Vivo repartiranse entre colectivos ecoloxistas que están a desenvolver diversas accións pedagóxicas e de recuperación ambiental: Amigos da Terra, Adega, Amigos das Árbores da Limia e Amigas das Árbores de Ourense.
Os colectivos e músicos implicados no Concerto Expansivo queren poñer o acento na necesidade dunha nova política forestal ao tempo que reinvindican que se asuman responsabilidades pola vaga de incendios sufrida en Galicia no mes de outubro.
Verín únese á causa e este venres poderemos disfrutar a partir das 20:00 horas do evento. Contaremos coa actuación de Neiz, Chips Rahoy, Millo, Xestreu, Banda de Música Tradicional Nova Era, Guezos, Outlines e Discomóbil A Gramola.
Ademais pola tarde haberá actividades para os máis cativos a partir das 17:00 horas, coa finalidade de concienciar o coidado dos montes e durante toda a xornada os bares da zona participarán co seu pincho solidario.