A portada desta edición despídese do Entroido ata o ano que vén; para elo, en páxinas interiores temos unha galería de imaxes dos mellores entroidos da provincia. Ademais entrevistamos a Ascensión Pérez, presidenta do Colexio de Enfermaría de Ourense.
A Xunta constituiu a mesa local contra a violencia de xénero de Conso-Frieiras. O ente rexional rehabilita as vivendas dos mestres de Cualedro. Verín conta cun novo centro de día. O novo parque da Fontenova cada vez está máis preto.
Plantan 1.000 novos carballos en Trasmiras. En Xinzo de Limia descende a criminalidade. Vilar de Santos aprobou os orzamentos deste ano que contará con algo máis dun millón de euros.
Allariz busca artistas para a «Semana Santa ao vivo». Os veciños alaricanos reciclan cada ano máis; este ano contarán co novo servizo de reciclaxe porta a porta.
O matadoiro do Carballiño, previsto para xuño. A Festa da Cachucha, referente do Entroido gastronómico. Paneis informativos sobre o clima dos últimos 34 anos. Visita do presidente da Deputación de Ourense ao Carballiño onde recalou en Partovia, Espiñedo e a rúa Otero Pedrayo.
A Xunta Local de Seguridade de Celanova confirma a baixada das infraccións penais. O fondo local sobre Curros Enríquez amplíase con 42 novos documentos.
Deportes, provincia, artigos, axenda e máis no número de febreiro de Barrios.
Todos estes temas e máis, podes lelos no seguinte enlace.