A pista de atletismo cuberta ubicada en Expourense volve a abrir as súas portas para acoller os campionatos de Galicia, sub 20, 18, 14, 12 e 10.
A cita terá lugar esta fin de semana e atraerá a Ourense a preto de 1.000 atletas de toda a comunidade que tiveron que realizar previamente marca mínima para acudir a este campionato; este número de participantes traerá unha importante cantidade de familiares que non se queren perder a cita. O sábado sairán ao tartán os sub 18 e sub 20; e para o domingo queda o protagonismo para os sub 10, sub 12 e sub 14. O horario para os dous días será o mesmo: de 11 a 13:20 horas e de 16:30 a 19:05. A entrada será de balde.
Entre os atletas destacados atópanse;: Víctor Mosteir (CA Santiago), Andrea Pais (A. Feminino Celta), Santiago Represas (CA Sada) ou Uxía Pereira (Atlética Lucense), entre outros.