A portada deste número chega con baloncesto, rugbi e atletismo. O COB leva unha racha incrible que o leva a soñar con entrar no playoff, toda vez que ten encamiñada a permanencia. Outro que ten moi enfilada a salvación é o Campus Ourense Rugby na División de Honra B. E na pista de atletismo de Expourense celebrouse o Campionato de España sub 20 de pista cuberta, onde se batiron tres récords de España.
O Club Ximnasia Pavillón participará, en Guadalaxara, na Copa de España con tres conxuntos. O Club Artai destaca no Nacional de wushu logrando un total de 13 medallas.
En fútbol, a UD Ourense busca non perder opcións de subir de categoría; a situación é delicada xa que está a seis puntos do ascenso. Na Terceira división o Barco está en postos de promoción de ascenso, mentres o Barbadás achégase á zona de salvación. Ourense CF e Arenteiro pululan pola zona media da táboa.
En fútbol sala o Ourense Envialia quere asegurarse a súa presenza na Copa de España, mentres que o Cidade das Burgas agota os últimos cartuchos para manterse na Primeira división. O Auriense Fútbol Gaélico perde diante do Herdeiros de Dhais.
O Hemisferios Ribeira Sacra está a realizar unha fantástica temporada na súa primeira participación na Primeira división nacional. O Dompavolei sénior buscará o ascenso diante do Xiria. O Atlétic Terrasa proclamouse campión de España xuvenil de hoquei sala no campionato disputado en Ourense.
O Sincro Ourense proclamouse campión de inverno galego. Os nadadores do Club Natación Pabellón Ourense, Eva Feijoo e David González, participaron no nacional de natación por comunidades autónomos. O CNPO logrou 19 medallas no galego infantil e júnior.
Salvamento acuático, xadres e máis, no último número do Barrios deportivo.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha