“O fundamental é que reforzamos unha colaboración institucional que está pensada para promocionar e impulsar accións que den resposta ás inquedanzas dos máis novos en Ourense: a búsqueda de emprego, a súa formación e o xeito de relacionarse coa súa cidade”, sinala o alcalde ourensán, Jesús Vázquez.
Jesús Vázquez e Javier Dorado mantiveron unha reunión de traballo en Madrid, co fin de articular políticas conxuntas entre o Concello de Ourense e o Injuve que redunden en beneficio dos máis xóvenes.