A terceira edición de Terra Máxica terá lugar do 16 de marzo ao 22 de abril en seis concellos da provincia de Ourense: Allariz, A Rúa, Baños de Molgas, Barbadás, Verín e Viana. Un programa de seis espectáculos, nacido da colaboración en rede dos concellos, que achega ilusionismo, formación e diversión a todos os públicos.
Nesta edición se poderá gozar dos espectáculos Saaabor! de Culturactiva, Alquimia e Íntimo do Mago Teto, Mi abuelo es mago de Mundomandarina, Sen palabras do Mago mimo Anyo e Código de Dani García.
O festival comeza en Allariz o venres 16 coa conferencia-espectáculo “A incrible historia da máxia” do Mago Teto.
No Concello da Rúa as actuacións terán lugar os días 8, 15 e 22 de abril, no Centro Cultural Avenida -ás 18 horas-.
En Barbadás, os 6, 13 e 20 de abril, na Casa da Cultura Manuel María -19 horas-.
En Allariz, o 18 de marzo e 8 e 15 de abril, na Casa da Cultura -19 horas-.
En Verín, os 7, 15 e 21 de abril, no auditorio municipal -19 horas-.
En Baños de Molgas, no edificio multiusos, o día 31 de marzo ás 18:30 horas.
E en Viana do Bolo, os días 7, 14 e 22 de abril, na Casa da Cultura -19:30 horas-.