As bibliotecas municipais e a Aula de Natureza de Oira acollerán actividades para escolares durante as vacacións de Semana Santa co gallo de conciliar a vida familiar e laboral das familias ourensás. A concelleira de Educación, Belén Iglesias, presentou unha programación que responde a un triplo obxectivo: «axudar á conciliación, ofertarlles aos nenos e ás nenas actividades nas que teñan a oportunidade de aprender xogando, e contribuír á súa socialización”. As actividades están dirixidas a nenos e nenas desde os 4 até os 11 anos.
As familias poden inscribirse na Concellería de Educación -Praza de San Martiño, 2-, nas diferentes bibliotecas municipais (San Francisco, A Carballeira e A Ponte), no punto de lectura do Couto e na Aula da Natureza do Río Miño, en Oira.
– Aula da Natureza do río Miño, teléfono: 988.510.781.
Horario de actividades: de 10:00 a 13:00, e de 16:30 a 19:00 horas.
– BPM A Ponte, teléfono 988.605.751.
Horario das actividades, centradas na animación: de 10:00 a 13:30 horas
– BPM e San Francisco, teléfono 988.230.12.
Horario das actividades: de 11:00 a13:00 horas.
– Punto de Lectura de O Couto, teléfono 988.222.105.
Horario das actividades: de 11:00 a13:00 horas.
– BPM A Carballeira, teléfono 988.253.893.
Horario das actividades: de 11:00 a 13:00 horas.