A 22ª edición do Festival de Jazz de Primavera achegará a Ourense a 11 grupos entre abril e xuño. Entre os músicos que actuén na cidade das Burgas atópanse o saxofonistas Bill Evans (11 de maio) ou Kenny Garret (23 de maio). Esta edición aposta pola mestizaxe con outras músicas coma o flamenco.
O alcalde de Ourense Jesús Vázquez afirmou que este evento “poida mirar sen complexos” a outros grandes eventos de jazz no país, coma “o festival de Donosti”.
Programación
O Festival comezará o domingo, 8 de abril, coa actuación ás 23 horas no Café Latino, a cargo do baixista Joe Sander “Infinity”. Neste mesmo local e á mesma hora actuarán o trompetista Ronald Baker, (11 de abril); o pianista cubano Iván “Melón Lewis” (16 de abril); o guitarrista israelí Gilad Hekselman (22 de abril); e o grupo flamenco composto por Josemi Carmona e Javier Colina (24 de abril).
A actuación do saxofonista Bill Evans, o 11 de maio, na Praza de Santa Eufemia será de balde.
O cartel complétase coa actuación do saxo tenor Lew Tabackin (14 de maio); do cantaor Duquende (16 de maio); o saxo tenor Harry Allen (21 de maio); o saxo Kenny Garret (23 de maio) e o grupo da flautista galega María Moro (14 de xuño). O prezo da entrada variará entre 10 e 20 euros.