Neste novo número de abril a portada trae unha actuación programada na Miteu que nestas datas está enchendo as táboas ourensás. Ademais, Verín comezou coa quinta fase do Plan Rehumanización polo que están a acometer obras en varios puntos da vila. O COB xogará o último partido da tempada no Pazo diante de Palma. Entrevistamos a Roberto Abad, coordinador do circuíto “Correndo por Ourense”.
O Concello cede en Barrocás a parcela para o novo centro para persoas con discapacidade, mentres que a Plataforma Procapd Ourense reclama un “compromiso firme”. Xa está aberto o prazo para solicitar subvencións do programa ARRU
que este ano cubre obras no interior das vivendas. O programa ReAcciona, da Xunta de Galicia, axudará ás empresas ourensás.
Os días 25 e 26 de maio Verín acolle as primeiras Xornadas de Novela Histórica de Verín nas que contará co escritor Javier Sierra. O Concello renova o convenio de colaboración con Protección Civil. A Xunta conservará o pavimento orixinal do acceso ao castelo de Monterrei, que estará listo en 12 meses.
En deportes facémonos eco da última hora dos equipos de fútbol e fútbol sala ourensáns que encaran as últimas xornadas nas súas respectivas competicións. O Xadrez Ourense marcha terceiro na División de Honra. En salvamento acuático, Andrea Bello volve ao podio na liga galega.
Artigos, clasificados, cultura, novas da provincia, axenda, e máis neste número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha