Máis de 300 nenos e nenas de toda Galicia participarán este sábado, 28 de abril, no Campionato galego de voleibol, nas categorías benxamín e alevín que se disputará no anexo do pavillón dos Remedios, organizado polos tres clubs ourensáns: Club Voleibol Ourense, San Martiño e As Burgas.
O torneo desenvolverá en xornada de mañá as fases previas e pola tarde as finais, rematando coa entrega de medalla. Será unha competición “moi disputada e atractiva”, avanzou en nome da organización Mateo Fernández, do Voleibol San Martiño. Nela participarán xogadores e xogadoras nacidos entre os anos 2005 e 2008. Cativada de entre 10 e 13 anos da que sairán “os futuros xogadores de elite deste deporte”, segundo manifestou José Antonio Luna.
O torneo está patrocinado pola Xunta de Galicia e servirá para a promoción da marca “Galega 100%”, que distingue aos produtos galegos lácteos de calidade superior, polo que a xornada será “unha boa combinación de deporte e consumo de leite”, sinalou Belén do Campo.