A portada trae os plenos extraordinarios dos concellos de Ourense e do Carballiño, onde no primeiro non se aprobaron os orzamentos e no segundo si. A Unión Deportiva Ourense xógase este domingo o ascenso a Terceira no campo do Atios. Entrevistamos a José Manuel Martínez, organizador do II Congreso Internaciona de Drons – DIC Galicia.
Na cidade, pechouse o primeiro encontro interxeracional no xardín do Posío. As obras da ponte Nova están en marcha. Veciños de Reza presentaron alegacións á senda peonil e ciclista que a Xunta vai construír. Expourense acolle esta fin de semana a I Feira Internacional de Antigüidades “Antiq Auria”. Ourense lembrou a María Victoria Moreno no Día das Letras Galegas. Carlasca e As Termas reclaman melloras nos seus barrios.
No Carballiño, o goberno local explicou o proceso de renovacións das árbores da avenida Xullo R. Soto. A RomeríaRock Arenteiro celébrase durante todo o sábado, 26 de maio, no parque municipal. Ademais, Mudelos acolle a Festa das Parroquias o domingo, 3 de xuño.
A Deputación homenaxeou, na Ínsua dos Poetas, á escritora Pura Vázquez conmemorando os 100 anos do seu nacemento; 300 escolares ourensáns participaron da homenaxe.
En deportes, a segunda cita do “Correndo por Ourense” tomará o barrio do Couto este sábado, 26 de maio, a partir das 22 horas. Cidade das Burgas e Ourense Envialia disputarán o último derbi na Primeira división. O Milenio Ourense, de volei praia, remata cuarto en Maspalomas. O Sincro Ourense deslumbrou no XIII Trofeo Deputación de Pontevedra. García e Saa, do Clun Ciclista Maceda, vencen en Betanzos na Copa Galicia.
En canto ás actividades culturais máis destacadas chega ao parque Botánico de Ourense danza co espectáculo “Corps sonore”; terá lugar os días 1, 2 e 3 de xuño ás 19 horas. E no Carballiño celébrase a Concentración de super deportivos Vila do Arenteiro o sábado, 26 de maio.
Todo isto e máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha