Falamos con José Manuel Martínez Pérez, presidente da Asociación Galega de Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións (AGGETT), delegado en Galicia do Colexio Oficial de Graduados e Enxenieros Técnicos de Telecomunicación (COGITT) e organizador do DIC Ourense.
Falanos un poco do II Congreso internacional de drons.
José Manuel Martínez: “Desde o noso Colexio e desde a Asociación Galega de Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións, procuramos darlle visibilidade ao noso colectivo con accións significativas e transcendentes, ademais de achegar as novas tecnoloxías ao resto da sociedad e divulgar o coñecemento, neste caso, dos drons.
O Congreso Intenacional de Drons – DIC Galicia (polas súas siglas en inglés) terá actividades pola provincia, pero centra o seu forte na cidade, concretamente no Auditorio Municipal de Ourense, entre os días 24 e 26 de maio. Poden consultar todo o programa na web do mesmo www.dicgalicia.gal.
Queremos que sexa á imaxe do sector en Galicia, un referente internacional, e se consolide (se non o fixo xa) como o congreso referencia en España. O obxetivo é que Ourense sexa o punto de encontro de todo o coñecemento no sector, que sexa esta provincia onde se transmita e intercambie e que, dende Ourense, se difunda para todo o mundo.
Xa ninguén pode negar que son de interese, e a única alternativa de avanzar e mellorar en tódolos ámbitos”.
A quen está dirixido o Congreso?
J.M.M.: “Esta segunda cita vai ser un congreso reseñablemente profesional, dos que poucos se poden atopar a nivel internacional. Galicia, Ourense e o DIC Galicia están na boca de todos os profesionais e empresas do sector dos drons e das novas tecnoloxías. O DIC Galicia é un punto de encontro de inversores e proxectos significativos, que pase o que pase con eles, nacen en Ourense. Contamos en Galicia cos mellores Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións, cos mellores profesionais, cos mellores proxectos e co mellor apoio posible e dende o DIC Galicia, queremos darlle visibilidade.
Tampouco nos olvidamos do público xeral, das familias e dos usuarios, posto que para eles estase desenvolvendo esta tecnoloxía. É aos usuarios finais a quen van orientados e, en menos de dous anos, poucos serán os que non teñan ou traballen cun dron, como hoxe cun móvil.
É por iso, que o DIC Galicia é a mellor oportunidade para poder prepararnos e formarnos ante a inminente chegada destes aparellos.
Personalmente, creo que ter aquí aos mellores expertos mundiais, ter a posibilidade de falar con eles e que resolvan as dúbidas, coñecer os últimos avances no sector ou poder simplemente observar o que teremos nas nosas vidas profesionais en menos de dous anos, é unha oportunidade única”.
Que pode sorprender deste Congreso? Que podemos descubrir?
J.M.M.: “É relativo. O que pode sorprender a uns, a outros non lle vai a parecer chamativo. Estarán os mellores expertos a nivel internacional, falando de aplicacións concretas orientadas a sectores como o agrícola e o forestal, tan importantes en Ourense; de lexislación, despois de ser aprobado recentemente o novo Real Decreto; no tema acuático e marino, en vinculación coa pesca, no que, unha vez máis somos referente en Galicia; en telecomunicacións, posto que no 2020 os drons estarán integrados completamente nas cidades, o que implica que sexa transcendente regular e fragmentar o espacio radioeléctrico, as compatibilidades coa radio, televisión, telefonía, comunicacións de corpos e forzas de seguridade; temas de ciberseguridade. Imaxina que un dron pode ser interceptado por un intruso. Teremos nunha mesa a Pedro Cabrera, que será un atractivo para os hackers.
Aos nenos e familias, chamaralles a atención a exhibición que terá lugar o venres 25 a partir das 22 horas, na contorna da ponte Romana, así como a experiencia de youtubers recoñecidos”.
Que papel xogarán os drons na nosa vida a curto prazo? E a longo prazo?
J.M.M.: “O mesmo que hoxe xoga un ordenador ou un teléfono móvil. Serán imprescindibles tanto a curto como a longo prazo. Que pasa? que o que antes pasaba en 20 anos, hoxe pasa en menos de dous, polo que no 2020-21, van ser raros os casos que non traballen ou teña un dron na súa vida. Cousa que moitos xa temos, e non ten porque ser un dron voador, o mesmo robot aspirador, non deixa de ser un dron”.
Cres que é o invento máis practico nos últimos tempos?
J.M.M.: “O dron en sí, non. O importante son as aplicacións que se desenrolan ao redor deste sector, grazas aos Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións. A clave está e estará nos desenrolos, na sensorización, na adaptabilidade, na nova electrónica, nas comunicacións, no procesado e transmisión de datos, todo iso é o que lle da funcionalidades ao trebello en sí”.
A administración, empresa, etc. que se adiante no uso dos drons terá terreo gañado con respecto aos demais.
J.M.M.: “Indiscutible. En Galicia xa o temos gañado. Todo o sector en España, non deixa de ollar para Galicia. Será por algo, non? Temos moito avanzado, somos referencia.
Algo negativo que temos os galegos, é que somos incrédulos dos nosos propios éxitos. A veces, dóeme que teñen que ser os de fóra, quenes nos digan que facemos as cousas ben. Temos aos mellores profesionais das telecomunicacións, e seguimos sen crelo”.
Cres que estades infravalorados aquí? E fóra?
J.M.M.: “Fóra non. Preguntes onde preguntes, citannos como referencia. Aquí, como che comentaba, penso que sí. Porén, como dixen na presentación, gran parte da culpa é nosa. Gran parte da culpa é dos colectivos que representamos aos profesionais; é algo que, desde que estou ao fronte, e unha das prioridades da nosa xunta directiva e que están e estamos facendo un grandísimo esforzo por comunicalo”,
Como cres que deberían actuar as institucións, e empresas, para que os xoves valores, coma vos, non teñan que buscar unha fóra de aquí?
J.M.M.: “Hai que seguir apostando polas novas tecnoloxías, fomentando o estudo de graos TIC e carreiras STEM. Todo parte na educación. Moi a longo prazo, pero a base é a educación. Seguimos convencidos de que debemos manter as apostas por proxectos tecnolóxicos, pola industria 4.0, pola ciberseguridade, por tecnoloxías 5G, polos drons, en definitiva, polas telecomunicacións.
En plena revolución dixital, deberíamos replantexarnos a necesidade de incorporar a graduados e enxeñeiros técnicos de telecomunicación, en postos clave da administración pública. Eu pregúntome, quen mellor que un destes profesionais para orientar e guiar os desenrolos dun concello, provincia ou comunidade?, quén está máis capacitado que un dos nosos compañeiros para afrontar o reto da transformación dixital e das telecomunicacións?
Temos un colectivo que é un diamante, sigamos apostando por el. Xa ninguén pode negar que as apostas que se fixeron e se están facendo, están dando os seus froitos. Sigamos promovendo proxectos galegos, ou orientados a Galicia. Sería unha aberración perder esta xeración e estes profesionais”.