Coa entrada do mes de xuño, comezará a renovación do espazo e equipamento da zona de xogos infantís do Parque Municipal do Carballiño.
O deterioro do material unido á gran afluencia de nenos, sobre todo no período estival, fai necesario cambialos; algúns poden entrañar perigo para os rapaces e outros ofrecen un aspecto pouco adecuado.
A renovación realizarase en dúas fases. A primeira consiste na instalación dun novo conxunto multixogos, e a segunda na restauración doutro conxunto multixogos xa existente, así como a instalación dunha nova casiña de xogos e un columpio restaurado. A zona de xogos tamén será modificada, quedando distribuida en tres espazos de seguridade, cercados por rollizos de madeira e co chan de area.
Plan de mellora
Este proxecto enmárcase no plan de mellora, mantemento e limpeza do Parque Municipal e o sendeiro do río Arenteiro, que se leva a cabo dende o pasado ano pola concelleria de Medio Ambiente que coordina Érika Paz.
Este plan supuxo a mellora da entrada e da explanada do parque, así como dos xardíns e a valla de peche, cambio de papeleiras, restauración de bancos, mesas e barandas, e limpeza xeral. A mellora prosigue coa renovación deste parque infantil e diversas tarefas de mantemento e limpeza.
Precisamente, estes días tamén se procede ao desbroce e limpeza do sendeiro do Arenteiro, que é moi frecuentado por camiñantes e deportistas, sobre todo neste tempo de primavera e verán.