A atleta levaba meses sen competir.

Regreso con vitoria para Iria Fernández

A segunda carreira do circuíto «Correndo por Ourense» deixou o A atleta levaba meses sen competir.(Adas Proinor). A ourensá levaba varios meses sen competir por lesión. O tempo de Iria foi de 23:16 minutos sobre unha distancia de 6.100 metros. As irmáns Losada Pérez -Vicky e Ana Belén-, foron segunda e terceira, respectivamente. Vicky rematou fixo un tempo de 23:33 e Ana Belén de 24:14.

En canto á categoría masculina, desde o principio creouse un grupo cabeceiro formado por catro atletas (Rubén Díz, Luis Iglesias, José Manuel Corral e Elpidio Gómez). Na segunda volta fragmentaríase o grupo quedando en cabeza Iglesias e Diz. Finalmente Rubén Diz (Ourense Atletismo) foi o primeiro parando o crono en 19:01 minutos. Luis Iglesias (Atletismo Arenteiro), segundo con 19:10 minutos e José Manuel Corral (Atletismo Arenteiro), terceiro cun tempo de 19:22 minutos.

Centro
A vindeira carreira do «Correndo por Ourense» será no Centro. A proba disputarase o domingo, 24 de xuño, e terá o seu centro neurálxico na rúa do Paseo -coa saída e meta-; ademais pasará polas rúas Lamas Carvajal, avenida de Pontevedra, Progreso, Xoán XXIII e Cruz Vermelle (esta última na proba benxamín e alevín). A do Centro volve á xornada de domingo pola mañá (a partir das 12 horas).