A cidade chinesa interésase polo potencial termal, cultural e patrimonial da cidade das Burgas.

Ourense móstrase en Luoyang

O alcalde, Jesús Vázquez Abad, asistiu xunto aos membros da delegación española do IMFT, a esta cidade da provincia de Henan, con máis de 6,5 millóns de habitantes, sendo unha das 13 capitais antigas de China.

Neste encontro de traballo, os medios de comunicación e os profesionais do turismo participantes voltaron a amosar un gran interese polas particularidades de Ourense, tal e como sinala o alcalde, Jesús Vázquez, quen explicou, a petición de diversos medios locais e profesionais do sector turístico, o potencial da cidade de As Burgas como Capital Termal de Galicia, así como a riqueza cultural e patrimonial de Ourense.

Luoyáng
Localizada na chaira central de China, Luoyáng é unha das 13 capitais antigas de China. A cidade orixinal foi construída no século XI a.C. e recibiu o nome de Chengzhou. Foi a capital da dinastía Zhou desde o 770 a. C. A cidade foi destruída por unha guerra civil no 510 a.C. e reconstruída ao ano seguinte por petición do rei.
No ano 25 a.C., Luoyang converteuse na capital das dinastía Han Oriental. A dinastía Wei e a dinastía Jin tamén se estableceron en Luoyang. Durante varios séculos, Luoyang foi o centro neurálxico de China. Con todo, o fin da dinastía Jin trouxo a destrución á cidade.
No ano 493, a Dinastía Wei do Norte trasladou a capital de Datong a Luoyang e iniciou a construción das Grutas Longmen. Máis de 30.000 imaxes budistas da época desta dinastía atopáronse nestas grutas.