A final da Copa Deputación é a noticia destacada na portada deste número; a UD Ourense foi o equipo vencedor desta edición. En Verín, investirán nos vindeiros 18 meses 5 millóns en obras. Mentres, Ourense continúa sen aprobar os orzamentos desde 2014.
Comezan os actos conmemorativos dos 100 anos da ponte Nova, unha exposición na rúa do Paseo fai un repaso a súa construción. A Universidade de Vigo nombrou doutora Honoris Causa a Jacquelyn C. Campbell, experta en violencia de xénero da Universidade Johns Hopkins. O Festival de Cine de Ourense ten todas as papeletas para que este ano non se celebre. Levántanse as actas para a estación intermodal; Adif reuniuse cos representantes dos propietarios dos terreos.
Verín súmase á loita contra a violencia de xénero; a Mancomunidade acolle a primeira Mesa de Coordinación Interinstitucional. A Feira do Viño de Monterrei xa ten imaxe despois de elexir, o xurado, entre un total de 37 propostas. A verinesa Sara Salgado foi primeira en cálculo no campionato “SuperMatik”. Rematan os Obradoiros da memoria, organizados polo Concello de Verín, nos que participaron 68 usuarios.
En deportes, o club Artai brilla no nacional de kungfu ao lograr 16 medallas. A milla urbana de Ourense volveu ser cita solidaria para atletas e familias ourensás.
Do 23 de xuño ao 1 de xullo Ourense acolle as súas festas maiores con 39 concertos e máis de 90 actividades.