Unirá a avenida de Laza coa alameda.

A ponte da Preguiza dará servizo aos usuarios do hospital de Verín

O Concello de Verín vai acometer a construcción de dúas pontes sobre o río Támega, que darán lugar a circunvalación norte e sur, permitindo desconxestionar o tráfico da vila. Unha delas, a da Preguiza, unirá a avenida de Laza coa alameda e a este coa estrada de Vences, dando servizo aos usuarios do hospital de Verín.

Iluminación
Esta acción compleméntase coa de cambiar 4.000 luminarias (as convencionais por LED) para reducir o custe do consumo de enerxía eléctrica por parte do Concello (estímase que ese recurte estará en torno ao 80%) e mellorar a iluminación nocturna. Ademais, farase unha reforma integral dos principais accesos aos núcleos máis poblados do rural. A licitación deste proxecto de cambio da luminaria sairá a concurso.
Outra das operacións que se realizará será a da substitución do parque móvil coa fórmula de renting a longo prazo.

Inversión
Estes proxectos serán posible grazas a un plan de execución que debe iniciarse nos vindeiros 18 meses e acadarán un orzamento de cinco millóns de euros.
Do montante da operación, 1.300.000 euros proceden dos orzamentos deste ano, 700.000 serán como adianto aos do ano que vén chegando deste xeito aos dous millóns de euros. O resto (tres millóns) dividirase entre o remanente de tesourería (1,5 millóns) e un préstamo financieiro a longo prazo.