Xa está publicado o novo número do Barrios.

Barrios 62

A portada chega coa apertura da praza de Abastos provisional na Alameda de Ourense. O «Correndo por Ourense» fai un parón ata despois do verán trala proba do Centro. A Festa do Pulpo xa ten cartel no fai homenaxe ao tango. E entrevistamos a Jaime Amorín, presidente do Club Hockey Caldaria Barrocás.

A alameda do Cruceiro -parque Infantil- abrirá en xullo e contará cunha tirolina de 44 metros e zona de xogos acuáticos. A Xunta revitaliza a rúa Vilar nun plan que pretende recuperar 14 edificios na cidade. Preocupación co futuro uso do solar da estación de autobuses; desde 2016 a AVV As Termas solicita información sobre o seu futuro uso. Facemos un percorrido do que deu de si as Festas de Ourense ata o seu ecuador (música, teatro, gastronomía e zombis entre os evento máis destacados.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, pide equidade dos fondos europeos  para as provincias na Comisión de deputacións, cabildos e concellos insulares da FEMP.

Presentouse no Carballiño o número 33 da revista «Ágora do Orcellón». A rúa Aquilino Sánchez e a zona de xogos do parque municipal da vila do Arenteiros están en obras. A praza de Abastos premia aos seus clientes este verán.

En deportes, o club Sincro Ourense logrou sete medallas no Trofeo Casino da Coruña. Sánchez e Buján vencen no Descenso do Miño no ano que se celebran as súas vodas de ouro. Ourense despedíuse do Campionato de España de baile deportivo que congregou a 2.000 deportistas.

Todo isto e máis nas páxinas do novo Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha