O nadador popular Felipe Iglesias enmarcouse nunha iniciativa solidaria que comezou o 7 de maio e rematará o vindeiro, 8 de setembro coa participación na primeira proba da travesía da Triple Corona Illas Cíes (saída praia de Rodas – Illas Cíes – Baiona).
#eunadoporeles é o nome desta idea que ten coma fin recaudar fondos para o programa de apoio a familiares en dó da Asociación Española Contra o Cancro. A este nadador ourensán motivouno o feito de vivir de preto esta enfermidade, de ver como algún dos seus familiares tiveron que loitar contra o cancro. Por iso, decidiu facer algo por todas esas persoas que a sofren.
A meta
A meta, ademais de rematar a travesía, é lograr apadriñar cada quilómetro tanto dos adestramentos como da competición. As doazóns serán de 5 euros por cada 1.000 metros de adestramento ou de 10 euros o quilómetro se se trata de competición. Ata o momento lévanse recadados 500 euros. De lograrse cubrir todos os quilómetros en doazón poderíase chegar a uns 1.300 euros.
Apadriñar
Os interesados en aportar o seu gran de area teñen toda a información no blog: eunadoporeles.blogspot.com. A plataforma de donacións é: miretocontraelcancer.aecc.es/reto/eunadoporeles.
Felipe Iglesias leva acumulados 128 km.