A portada desta edición deixanos o cambio de cara da alameda do Cruceiro -parque infantil- de Ourense; o primeiro inclusivo de toda Galicia.
Ademais, Manuel Cabas é o terceiro alcalde de Xinzo neste mandato. O COB xa perfila a súa plantilla de cara á tempada 2018-19. E entrevistamos a Vítor Nieves, coordinador do Outono Fotográfico que este ano non se celebrará.
Ourense aforrará 800.000 euros ao ano en luz pasando dos 3,5 millóns de euros aos 2,6. E 3.000 puntos de luz renovaranse para o Ecobarrio da Ponte, tamén haberá actuacións na Chavasqueira e en 15 pasos de peóns.
O Concello entrega á Xunta o proxecto do novo skatepark, que estará ubicado fronte ao novo Centro de Saúde do Couto. Ourense en Común cuestiona o compromiso do Concello co Ateneo.
O novo centro interxeracional estará listo para este curso; a escola ten capacidade para 82 nenos.
Barbadás organiza unha romaría feminista a prol da igualdade o 29 de setembro. O Concello aposta polo rural destinando 154.132,95 euros a melloras en varios pobos do municipio.
Un camión recolector de residuos para Allariz tralo convenio firmado coa Deputación; estará temporalmente a disposición do concello alaricano. Grazas á colaboración entre Concello e Espazo Bencomún os emprendedores contarán con axudas.
Crearanse rutas BTT na Reserva da Biosfera na área de Allariz.
O Pombal estrea unha tirolina. O Concello de Xinzo invistiu máis de 21.000 euros en aparatos de xogos neste verán.
Xinzo Adiante critica as obras de rúa da Igrexa, e o PSOE alerta do mal estado das pontes. Carabuñas, empresa ubicada en Vilar de Santos, recibe o premio Agader na categoría de sector agrogandeiro.
Baltar e Ferro abordan futuros proxectos culturais para Celanova. Continúa o taller de ilustración na Casa dos Poetas. 27 nenos participaron no Campamento de verán da vila de San Rosendo.
En deportes, a Terceira división de fútbol comeza esta fin de semana. O Xadrez Ourense sobe a Primeira despois de ser segundo no Campionato de España. Faye e Blanco, convocados para o Mundial de shuaijiao.
Todo isto e máis no número 65 de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha