Na portada deste número facémonos eco do paso de «La Vuelta» por terras ourensás, con remate en Luíntra da 11ª etapa. O Parlamento de Galicia recibiu o premio «Casa dos Poetas» en Celanova. Allariz celebra este mes dúas feiras (de artesanía e de apicultura). E entrevistamos a Rubén Gil, quen nos descubre o «Universo Tamarindo».
Democracia Ourensana presentarase en 20 concellos da provincia nas vindeira municipais. O Concello de Ourense supera os 100 días de retraso no pago de facturas. O delegado do Goberno visitou Ourense e reuniuse con Baltar e Jesús Vázquez. A denuncia da RPT chega ao TSXG. Acordo PP-PSOE no Concello para aprobar os convenios sociais e o Plan de Investimentos.
Na Valenzá está aberto o prazo de matrícula en varias aulas e cursos. Barbadás prepárase para a I romaría feminista do 29 de setembro.
Rapaces de Celanova participaron nun taller de ilustración. E Allariz acolle ata o 9 de setembro o I Festival RiR (International Comedy Shortfilm Festival).
En deportes esta fin de semana dispútase en Mariñamansa o 13º Octupus Hockey Festival de hoquei veterano. O Torneo “Mercedes – Benz Garza” de volei praia deixou a Sofía Gouieva e Carolina Maia (en categoría feminina) e a Hernán Tovar e Marcos Blanco (na masculina) como vencedores do torneo. Este sábado, ás 18.30 horas, no estadio do Couto: Ourense C.F. contra U.D. Ourense, primeiro derbi ourensán do ano en Terceira. O domingo, a celebración da proba da Universidade do «Correndo por Ourense» adiantase unha hora polo que dará comezo ás 11 da mañá.A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) continúa a colaboración coa cultura en Ourense e traerá espectáculos ao Auditorio e Teatro Principal.
Todo isto e máis no número 67 de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha